RUTA DA SEARA-FORMIGUEIROS-A SEARA (POLO VAL DE FORGAS)

ATENCIÓN!: Este é un sendeiro que discorre na súa meirande parte pola montaña e non sempre se atopa nas mellores condicións.  

É CONVENIENTE SELECCIONAR AS RUTAS QUE SE VAIAN REALIZAR EN FUNCIÓN DA PREPARACIÓN E O NIVEL DE CADA PERSOA.

Percorrido aproximado:

Opción 1-A Seara-Alto de Formigueiros e baixada pola Lucenza: 10, 57 km
Opción 2-A Seara-Alto de Formigueiros e baixada por Vieiros: 12,16 km

Dificultade: media/alta

Tempo estimado: 

Opción 1-A Seara-Alto de Formigueiros pola Lucenza: 5 horas e 15 minutos
Opción 2-A Seara-Alto de Formigueiros por Vieiros: 5 horas e 40 minutos

Descrición do percorrido:

A ruta iníciase no lugar da Seara (parroquia da Seara-Quiroga), ascendendo ao longo do río Selmo e do rego de Forgas, durante uns 4,75 km aproximadamente, ata chegar ao Alto de Formigueiros, pico de máis de 1600 m de altitude.
Neste percorrido de ascenso podemos atopar diversos elementos de valor cultural, como son un forno de cal, habitual nestas zonas, onde se levaba a cabo a transformación da pedra calcaria en cal para o seu emprego en diversos usos, ou unhas curiosas fontes coñecidas como “fonte calcaria” e “fonte rubia” que atopamos separadas tan só uns metros unha da outra.
Unha vez no Alto de Formigueiros teremos dúas posibilidades á hora de realizar o traxecto de volta:
1ª. Unha pola vertente oeste do val, baixando pola lagoa da Lucenza, percorrido por onde tamén poderemos atopar a fervenza do Fócaro, xa no seu tramo final.
2ª. A segunda opción será realizar o percorrido polo lado leste do val, descendendo ata o lugar de Vieiros e posteriormente ao punto de inicio, sendo este o percorrido de maior distancia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario